Echevarrieta, Aránzazu. Cultura audiovisual
lunes, 13 de mayo de 2019
Proxecto persoal, Cultura audiovisual.
Para este proxecto, decidín fotografiar un evento deportivo, como foron 3 campeonatos do remo.
Estos campeonatos, foron o Territorial Norte de Galicia, o Campeonato Galego, e por último, o campeonato de España de bateis. Cada regata era eliminatoria, polo que había moitos nervios e emocións diferentes por parte dos remeiros.
Por esta razón centreime en diferentes aspectos do remo, sendo estes os seguintes:
O cansancio do remeiro
O remo na auga, as salpicaduras...
As viradas dos patróns
Condicións físicas
As emocións
A nivel persoal, gañei moito realizando este proxecto. Creo que sería algo que me gustaría facer nas regatas cando eu non me atopo dentro do barco remando.
Habitualmente os remeiros usamos as fotos que nos sacan nas regatas, para localizar fallos e correxilos, e para gardar, rememorando unha victoria, unha regata, unha derrota, o sacrificio dunha temporada de adestramento, etc.
Unha parte que me resultou moi gratificante foi, que cando saquei as fotos, decidín subilas, poñéndolle o meu nome. Iso fixo que moita xente poidera descargarlas. Para a miña sorpresa, ao mesmo día de compartilas, e incluso uns días seguintes, o meu instagram estaba cheo de xente que nas suas contas subía as fotos que eu mesma lles sacara.
Ademaís, ata ese momento, non usara unha cámara fora dun espazo, no que eu non controlase a luz, etc. Ao saír ao exterior, tiven que enfrentarme ao mismo tempo as condicións do día, nalgún choveu, noutros fixo sol que me complicaban á hora de poñer os parámetros da cámara...domingo, 12 de mayo de 2019
Proxecto persoal, Deseño.
Para este proxecto decidin crear un club de remo deseñando as cores do club, o logo, a roupa e o nome.
Este sería o logo
Para a roupa oficial, a que se usa durante a competición, deseñei o seguinte:
A maiores deseñei unha serie de artículos que poderian usar tanto os deportistas ou socios/seguidores do club:
Chándal oficial do club, composto por un pantalón corto, pantalón de chándal largo, sudadera.
Para facer o chándal máis compensado en conxunto, nos pantalóns so añadin o logo sen as letras, noutra cor(xa que o pantalón é negro) e no outro lado.
Dianteira da camiseta
Parte traseira da camiseta
Gorra
Sudadera(parte dianteira)
Sudadeira(parte traseira)
Mochila saco
Bocetos e demáis:
lunes, 29 de abril de 2019
Suscribirse a:
Entradas (Atom)