sábado, 1 de diciembre de 2018

Safari tipográfico

●Que na miña opinión estén mal:
Considero que eses colores non serían os adecuados para unha pastelería, mínimo cambiaría ese verde oscuro. Quizás uns colores máis cálidos lle sentarían mellor, aportándolle unha sensación máis agradable.

Aquí, quero ensinar o ' Asesoría Cemtri'. Visto de primeiras, relacionei o cartel máis cunha autoescuela, que con unha asesoría. 
Ese conxunto do azul e o verde, non transmiten a profesionalidade e seriedade que debería.

Este cartel non me acaba de convencer. Quizás cambiaría as cores, poñendo o vermello como color base e un amarillo na línea, para dar unha sensación de velocidade.
Falando do cartel de 'Cempés', creo que o uso dese tipo de letra é "orixinal", pero non me acaba de gustar se lle sumamos o uso de tantas cores, cambiando a cor en cada letra.
Nesta carnicería, cambiaría o verde, por unha cor máis relacionada ca carne, (un vermello, algo un pouco rosado...)

●Que na miña opinión estén ben:

Fai uso do que vende, e trata de representalo  nas cores do cartel e tamen no dibuxo coma se foran gotas de tinta. Orixinal.

Paréceme un deseño elegante, profesional, que me transmite seguridade e profesionalidad á hora de necesitar os servicios deste fotógrafo. Ademáis, gústame o uso do cambio de sentido da 'e', o cal me recorda a un reloxo, como no uso da linguaxe fotográfica se usa para explicar onde se coloca o fotógrafo, modelo, focos, etc.
Nesta tenda de deportes gústame o nome, como incentivando a que seas ti o teu propio Campeón, e o uso dese tipo de letra, como se foran os números dun cronómetro, nunha competición.

O uso desa letra, recordando ao regaliz, ese fondo con gominolas, e o nome de 'Chúpate esa' paréceme un conxunto arriesgado, pero un acerto.
Esta tenda de roupa, co uso da luz para fortalecer o seu chamamento visual paréceme que sería unha tenda onde podo atopar roupa elegante e de calidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario