Este é o meu traballo final como logo personal.
Dende o principio tiña claro que quería incorporar a ancla, dalgunha maneira ou outra. Basicamente porque eu sempre suelo levar unha (ou varias), xa sexa nunha pulseira, nun collar, dibuxada...
Acabei decantándome por estas cores por unha sencilla razón, quería meter o tema do remo, xa que é un deporte que practico dende fai tempo, por algún lado. O negro en representación á cor do club no que remo. O morado, porque desde que ma regalaron, cando compito, suelo levar unha bandana desa cor.
Poñéndoa recta non me acababa de convencer. Facíaseme moi simple, polo tanto, ladeeina e púxenlle un borde en 3D que me acabou gustando.
Que o cepo (o pau horizontal da ancla) esté "caído" non é coincidencia. Pareceume unha referencia moi sutil a un remo. Sendo a cabeza do remeiro o ollo de arganeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario